Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores 2026/27

Por

Dirección

Publicado o

16/07/2026

Actualización:

Aberto o prazo de coberturas das vacantes en graos de Deseño.

Prazo de solicitude:
16 e 17 de xullo de 2026

Prazas dispoñibles na EASD Antonio Faílde

Na nosa escola contamos coas seguintes vacantes:
+ 5 prazas en Deseño Gráfico
+ Sen vacantes en Deseño de Interiores

Prazas dispoñibles no resto de centros da rede de escolas de EASD de Galicia:

EASD Pablo Picasso (A Coruña):
+ 1 praza en Deseño Gráfico
+ Sen vacantes en Deseño de Interiores

EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela):
+ 1 praza en Deseño de Moda
+ 2 prazas en Deseño de Produto
+ 3 prazas en Deseño de Produto: Xoaría e Complementos

EASD Ramón Falcón (Lugo):
+ 3 prazas en Deseño Gráfico
+ 5 prazas en Deseño de Interiores

Procedemento
As persoas interesadas que superasen a correspondente proba de acceso para o curso 2026/27 e acrediten o cumprimento dos requisitos de acceso establecidos para cada caso deberán dirixirse presencialmente ao centro no cal desexen solicitar a vacante e cubrir o correspondente formulario.

-------------------------------

Outras actualizacións:

→ Listaxe de 2ª adxudicación nas Ensinanzas artísticas Superiores de Deseño.

→ Listaxe de 1ª adxudicación nas Ensinanzas artísticas Superiores de Deseño.

→ Listaxe de aptos/non aptos na entrevista do itinerario de xoiaría e complementos de deseño de Produto

→ Convocatoria para a realización da entrevista para optar ao itinerario o de Xoiaría e complementos da especialidade Produto

→ Listaxe definitiva de cualificacións da proba específica de acceso

→ Listaxe provisional de cualificacións da proba específica de acceso

→ Listaxe definitiva de admsión ás probas de acceso

→ Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

-------------------------------

Publicada a Resolución do 10 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

Toda a información referente ao procedemento de acceso ás ensinanzas artísticas superiores estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como na páxina de inicio da aplicación EAS. As persoas admitidas no procedemento -que dispoñan de DNI ou NIE- terán opción de consultar as listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións na súa área persoal de EAS nos prazos establecidos na resolución.

O prazo de presentación das solicitudes para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño comprenderá desde o día 28 de abril de 2026 ata o día 5 de xuño de 2026, incluído.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Na solicitude deberase indicar, por orde de preferencia, a especialidade que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderase solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as ditas probas.
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, na secretaría do centro que figure na solicitude como primeira opción.

Guía do proceso de inscrición do acceso ás ensinanzas superiores

Información a consignar nos impresos de pagamento de taxas:

Consellería
Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional. Código: 07
Delegación
Ourense. Código:30
Servizo
Ensino Medio. Código 03
Denominación
Estudos Superiores de Deseño. Código 352600
Obxecto de Pago
Inscrición para o acceso aos estudos superiores de deseño curso 2026/27

Ademáis do resto da documentación necesaria para tramitar o procedemento (ver o punto terceiro das Instrucións para o acceso e a admisión aos estudos superiores de Deseño), deberase entregar o xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 163/2024, do 24 de xuño (DOG 13 de xullo), consonte un destes modelos oficiais, xunto co certificado de exención ou redución correspondente, se é o caso:
· Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).
· Modelo AI.
· Modelos 730 e 731, xerados electrónicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso poderá ser telemático (cargo en conta ou tarxeta) ou presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Este pagamento non poderá ser fraccionado.

RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN :

FASE DE INSCRICIÓN
Do 28 de abril ao 5 de Xuño · Prazo de inscrición
9 de xuño · Listaxe provisional de persoas admitidas.
10 e 11 de xuño ·
Reclamacións contra a listaxe provisional.
15 de xuño ·
Listaxe definitiva das persoas admitidas para a realización da proba específica.

FASE DE PROBAS
17 de xuño · Probas específicas para o acceso aos estudos superiores de deseño nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño.
23 de xuño ·
Cualificacións provisionais.
25 e 26 de xuño · Reclamacións contra as cualificacións provisionais.
30 de xuño · Cualificacións definitivas da proba específica.

FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
3 de xullo · Publicación de listaxe de primeira adxudicación.
6 ao 8 de xullo · 1º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27.
13 de xullo ·
Publicación da segunda adxudicación de prazas.
14 e 15 de xullo · 2º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27.
Primeiros de setembro · Probas de acceso extraordinarias no caso de aínda existir vacantes.

Ir á portada de novas
Acceso e matriculación
 · 
Probas de acceso
VER EN DIRECTO

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores 2026/27

Actualización: Prazo extraordinario de solicitudes, días 16 e 17 de xullo, para cobertura de prazas vacantes de Grao en Deseño

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →