A Residencia de Artistas Emerxentes (Encontros de Mariñán) é unha actividade organizadas pola Real Academia Galega das Belas Artes para crear sinerxias entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia.
Celébranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña do 15 ao 19 de xuño de 2026. Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria.
Cada edición tómase como referencia a traxectoria dun artista, sendo en 2026 o fotógrafo José Suárez. Partindo da súa obra, propónse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática: «Luz: espazo e instante».
A EASD Antonio Faílde dispón de 4 prazas para o seu alumnado e o prazo para solicitalas vai do 16 de marzo ao 20 de abril de 2026.
Proceso de participación
O alumnado interesado en participar nos Encontros de Mariñán deberá presentar unha proposta de proxecto (en fase de borrador ou ideación) baseada na figura homenaxeada (o fotógrafo José Suárez) ou na temática prevista: «Luz: espazo e instante». A proposta deberá formularse individualmente.
A extensión desta proposta non excederá de 10 páxinas e deberá incluír:
1. Portada: Inclúe o nome do programa, o nome e apelidos dos/as autores, DNI, correo electrónico e especialidade formativa que cursa na Escola.
2. Xustificación da proposta: idea ou esbozo da proposta que se desenvolverá. Non se pide un remate final da actividade, senón unha explicación xustificada do traballo que se vai desenvolver, cun acompañamento visual mínimo, para que se poida apreciar o mellor posible a proposta presentada.
3. Orzamento da proposta. Para preparar a proposta, a organización dos Encontros elaborou un dossier informativo que pode ser descargado dende a web da Escola.
Dossier inspiracional
Achégase un dossier de inspiración con materiais e referencias visuais que poden servir como punto de partida para a ideación da proposta.
Valoración das propostas
Para a valoración das propostas, designarase unha comisión integrada pola Dirección e catro docentes, que terán en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade e creatividade da proposta: ata 6 ptos.
2. Xustificación e viabilidade da proposta: ata 4 ptos.
Darase prioridade ao alumnado que non disfrutara da residencia nos tres anos anteriores. A puntuación será a media das cualificacións de cada persoa integrante da comisión. A adxudicación das prazas de participación será definitiva e será comunicada por correo ou teléfono ás persoas seleccionadas.
Prazo de solicitude e resolución
Poderase solicitar a participación e enviar a proposta entre o luns 16 de marzo e o venres 20 de abril de 2026. A proposta deberá enviarse a: escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal indicando no assunto do correo electrónico. “Encontros de Mariñán”. Unha vez realizada a valoración das propostas, comunicarase a adxudicación de prazas e a listaxe de agarda.