Publicada a Resolución do 24 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2026/27.
Toda a información referente ao procedemento de acceso ás ensinanzas artísticas superiores estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, así como na páxina de inicio da aplicación EAS. As persoas admitidas no procedemento -que dispoñan de DNI ou NIE- terán opción de consultar as listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e adxudicacións na súa área persoal de EAS nos prazos establecidos na resolución.
O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día 8 de maio ata o día 12 de xuño, ambos os dous incluídos.
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A proba substitutiva do bacharelato realizarase o 23 de xuño desde as 10.00 ata as 17.00 horas.
A proba específica de acceso realizarase o día 7 de xullo desde as 10.00 ata as 19.00 horas.
Guía do proceso de inscrición do acceso ás ensinanzas artísticas profesionais
RESUMO DO CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:
FASE DE INSCRICIÓN
Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 12 de xuño · Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación.
16 de xuño · Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición.
17 e 18 de xuño · Período de reclamación contra a listaxe provisional tras 1º prazo de inscrición.
22 de xuño · Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición.
FASE DE PROBAS
23 de xuño · Proba substitutiva do requisito de titulación.
29 de xuño · Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación.
30 de xuño e 1 de xullo · Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación.
3 de xullo · Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación.
7 de xullo · Realización da proba específica.
14 de xullo · Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica.
15 e 16 de xullo · Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica.
20 de xullo · Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica.
FASE DE ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA
20 de xullo · Publicación da listaxe de 1ª adxudicación.
21, 22 e 23 de xullo · 1º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27.
27 de xullo · Publicación 2ª adxudicación de prazas.
28 e 29 de xullo · 2º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27.