Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
Presentación

Presentación de Atopo, anuario 2025 da EASD, do fanzine A208 e acto de entrega dos Premios de Dinamización Lingüística

Por

Dirección

Publicado o

18/05/2026

Data: venres 22 de maio, ás 12:00h

Lugar: Salón de Actos da planta baixa da EASD

O próximo venres 22 de maio ás 12:00h. terá lugar no salón de actos da escola a presentación de Atopo, o anuario de creatividade 2025 da EASD Antonio Faílde, deseñada por Mónica Rodiño e Fabio Méndez coa dirección de redacción de Cosme González e dirección de arte de Toño Ferreiro.

Para esta ocasión contaremos coa presenza de Pepe Barro que tivo a xentileza de obsequiarnos co texto limiar da publicación, “Coa forza do Lugar”.

Ao inicio do acto farase entrega dos Premios de dinamización Lingüística da EASD Antonio Faílde aos mellores proxectos finais de carreira ás alumnas Helena Guillán Casas e Lorena Vidal Cal estudantes de Grao de Deseño Gráfico e CFGS de Ilustración, respectivamente. A continuación presentaráse a publicación A208 #1: Ilustración e poesía, realizado polo alumnado do CFGS de Ilustración en colaboración con relevantes escritoras.

Os contidos do anuario da EASD Antonio Faílde distribúense entre proxectos do alumnado e colaboracións de pofesionais de prestixio, nesta ocasión con textos de Pepe Barro, Jorge García e Artur Rebelo / Lizá Deffosez (R2 Design).

Ao finalizar o acto distribuiranse exemplares do anuario gratuitamente ás persoas asistentes.

Pode consultarse a versión dixital na seguinte ligazón:

https://issuu.com/easd_antonio_failde/docs/atopo

O Anuario da EASD Antonio Faílde ten xa unha traxectoria de 17 anos e os seus obxectivos principais son promover os proxectos do noso alumnado, dar a coñecer a oferta formativa da escola e difundir a súa actividade  na contorna social, cultural, profesional e produtiva. A publicación é distribuída gratuitamente en centros de ensino, institucións académicas e culturais, empresas e profesionais da arte e o deseño.

Neste tempo temos contado, entre outros/as coa colaboración das/os seguintes artistas e deseñadoras/es de referencia: Manuel Estrada, Eduardo Aires, Artur Rebelo e Lizá Déffossez (R2 Design), Pepe Barro, Uqui Permui, Dino dos Santos, Laura Messeguer, Josep Mª Mir, Andrew Howard, David Barro, María Ramos, Marcos Vinicius de Souza, Iván Prieto, Miguel Mosquera, Óscar Gonfer, Cibrán Rico e Suso lópez (Desescribir), Dani Bembibre e David Silvosa (Costa Comunicación), Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río (Cenlitrosmetrocadrado), Marcos Dopico, Xosé Lois Vázquez, Xurxo Baca, Xosé Antón Castro, Alberto Ariza, Álvaro Valiño, Pablo Otero, Santi Gutierrez, Miguel Robledo, Isabel Seidell, Manuel Álvarez, María Santos e Martiño Fontes (EquipoEme), Simón Blanco, Rodrigo Chao, Alfonso Prada, Rubén Vilanova e Marcos Casas (GrisMedioStudio), Elena Fabeiro, Manuel Gago, Frank Bushmann, Manuela Soto, Víctor González, Jorge Perianes, Manuela Martinez e Carmen García (LaLata), Lois Méndez, Colectivo PuntoOnce, Hector Barros, Elias Cueto, Jorge Carril, Abel Boama, Isabel Neira, Jennifer Novoa e Alicia Seoane

Na ligazón https://easdantoniofailde.gal/escola/anuarios-easd pódense consultar todos os números publicados.

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Presentación
VER EN DIRECTO

Presentación de Atopo, anuario 2025 da EASD, do fanzine A208 e acto de entrega dos Premios de Dinamización Lingüística

Venres 22 de maio, ás 12:00h no Salón de Actos

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →