Data: Mércores 17 de decembro ás 12:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde
Palestra de luxo para despedir o ano na Faílde: recibimos a Rapapawn, referentes da animación contemporánea de vangarda. Cunha estética moi particular arraigada nas formas máis experimentais da ilustración, a banda deseñada, a autoedición e, en xeral, da cultura underground, o seu traballo goza de gran prestixio a nivel internacional tendo colaborado no eido musical con artistas como The Strokes, Dan Deacon, Holy Fuck ou Mundo Prestigio e con empresas como WeTransfer, Bandcamp, The New York Times, MOOG ou Givenchy.
Baixo o título Mmmm... veña, OK, Cynthia Alfonso e Óscar Raña ofrecerán unha nutritiva palestra na que repasarán a súa traxectoria, compartindo con nós algúns segredos dos seus procesos creativos, das súas dinámicas de traballo, da súa relación cos clientes... sen esquecer as cuestións máis precarias do oficio, pero tampouco as máis satisfactorias.
Web: https://rapapawn.bigcartel.com
Instagram: @rapapawn