Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
CREA 2013

Jaime Rosales. A construción da imaxe fotográfica.

Por

Dirección

Publicado o

15/04/2023

Data: Mércores 26 de abril ás 19:00h.

Lugar: .Centro cultural Marcos Valcárcel.

Jaime Rosales
Director de cine e guionista
Barcelona, 1970

http://www.fresdevalfilms.com

‍

Unha imaxe fotográfica non é algo que se atopa; é algo que se crea, que se constrúe. Abordarase o traballo creativo do cineasta cando elabora a súa matriz cinematográfica e estableceranse pontes coa creación das imaxes fotográficas: as fases, os métodos, as certezas que se van fixando e tamén as dúbidas que se abren no seu intento de levar a imaxe cara aos seus límites.

Licenciado e máster en Ciencias Empresariais por ESADE, o impulso decisivo á súa formación cinematográfica chegou cunha bolsa concedida en 1996 para estudar na prestixiosa Escola Internacional de Cinema e Televisión de San Antonio dos Baños (EICTV), na Habana e logo na Australian Film Television and Radio School (AFTRS) en Sydney. Coa súa produtora Fresdeval Films desenvolveu desde o ano 2000 a totalidade dos seus proxectos como director. As súas películas falan da incapacidade de comunicarnos, da complexidade do universo familiar e da irrupción imprevista da violencia na vida cotiá. Incansable explorador das posibilidades que pode ofrecer o soporte audiovisual, as películas de Jaime Rosales reflicten o gran interese do director por atopar novas formas expresivas afastadas das convencións habituais da linguaxe cinematográfica.

Entre os recoñecementos á súa obra cinematográfica destacan o Premio da Crítica do Festival de Cannes (Las horas del día, 2003), o Goya á Mellor Película e a Mellor Director (La soledad, 2007), o Premio da Crítica do Festival de San Sebastián (Tiro en la cabeza, 2008) e o Premio do Xurado Ecuménico do Festival de Cannes (Hermosa juventud, 2014). A súa última película, Los girasoles silvestres (2022) estivo nomeada a mellor película no Festival de Cine de San Sebastián de 2022.

Impartiu cursos, charlas e conferencias nun gran número de universidades, escolas de cinema e centros de arte. En marzo de 2014 o Centro Georges Pompidou de París realizou unha retrospectiva de toda a súa obra.

É Cabaleiro das Artes e as Letras Francesas e Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Catalunya (2015).

No ano 2018 publicou El lápiz y la cámara, un libro que reflexiona sobre o cine e a creación artística.

‍

------------

‍

Filmografía. Longametraxes

‍

LAS HORAS DEL DÍA

Festival de Cannes 2003. Quincena de Realizadores

Premio FIPRESCI de la crítica internacional

‍

LA SOLEDAD

Festival de Cannes 2007. Un Certain Regard

Ganador Goya Mejor Película, Mejor Director, Mejor Actor Revelación

‍

TIRO EN LA CABEZA

Festival de San Sebastián 2008. En Competición

SUEÑO Y SILENCIO

Festival de Cannes 2012. Quincena de Realizadores

‍

HERMOSA JUVENTUD

Festival de Cannes 2014. Un Certain Regard

‍

PETRA

Festival de Cannes 2018. Quincena de Realizadores

‍

LOS GIRASOLES SILVESTRES

Nominación a mejor película en el Festival de Cine de San Sebastián 2022

‍

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
CREA 2013
VER EN DIRECTO

Jaime Rosales. A construción da imaxe fotográfica.

Mércores 26 de abril ás 19:00h. Centro cultural Marcos Valcárcel

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →