Data: Venres 13 de novembro ás 12:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
A exposición Taxi Compostelle está dedicada á emigración galega a Suíza. A partir dos anos 60, decenas de miles de Galegos emprenderon o camiño de Santiago ao revés rumbo ao que é hoxe un dos países máis ricos do mundo. Os primeiros subíronse a un tren e tardaron dous ou tres días a chegar ao seu destino. Moi pronto, a partir de 1967, varios taxistas, principalmente da Costa da Morte, ofreceron os seus servizos para levar aos emigrantes a Suíza, percorrendo perto de 2.000 quilómetros.
A idea da expo xurdiu durante a recente crise do ladrillo, cando unha nova xeración viuse forzada a seguir os mesmos pasos que a dos seus pais cara a Suíza. Con perto de 60 fotos de Pierre Montavon, a maioría retratos, aos que se suman catro vídeos realizados por Aubin Hellot e textos de Antonio Rodríguez Castiñeira, a expo abarca as idas e voltas da emigración durante décadas entre Galicia e Suíza. Foi presentada entre setembro de 2023 e abril de 2024 no Musée du Peuple Jurassien de Delémont. Unha cidade duns 12.000 habitantes onde a poboación galega rozou os 1.000 residentes a mediados dos anos 80.
O venres 13 de novembro ás 12h. no Salón de Actos da EASD teremos un encontro cos autores desde proxecto, o xornalista Antonio Rodríguez Castiñeira y e fotógrafo Pierre Montavon.