No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Anque tocan as campanas

Lorena Vidal Cal

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

Anque tocan as campanas nace e moldéase cunha recolleita de literatura oral a través do recordo e a memoria de meus avós e avoas. Escollín un total de 12 ditos, adiviñas, cantigas, refráns e xogos que na súa maioría suxiren situacións oníricas, polo que a linguaxe plástica das ilustracións xira en torno a un surrealismo que contextualizo en escenarios reais, mesturando o pasado e o presente. Decanteime por aplicar a cor en manchas que abarcan grandes superficies e posteriormente detallar con lapis de cor aquelas zonas e texturas protagonistas. Remateino como unha oda á tradición oral e aos portadores da mesma, que forman parte da nosa historia, que foron obreiros e campesiños e que deben ser considerados non só por darnos de comer senón polo simple feito de ter vivido. De eles hai que acordarse cando tocan as campanas.

Ir á portada de proxectos