
Endless é unha cadeira de castiñeiro modular de interior/exterior. Está pensada e deseñada para crear un vínculo do produto co cliente, ofrecéndolle a posibilidade de concebir un espazo ao seu gusto e medida.
Realizouse con madeira de castiñeiro, con 55 pezas ou listóns que foron ensamblados a caixa espiga e a media madeira. Os acabados foron tratados con aceite natural.Esta peza segue a inspiración da corrente minimalista. Aporta unha visión estética moi fina, sinxela e complexa á vez; as súas posibilidades, como ben indica o seu nome, poderían non ter fin.
Vai dirixida a persoas amantes da natureza e da artisanía, con gusto pola arte, a escultura, a sinxeleza e a nobreza que aporta a madeira.