No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

That's The New Spirit

Eva Mª Gil Roldán

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

A música é un elemento fundamental para dotar a un álbum ou canción dunha identidade visual propia, única e distintiva. That’s The New Spirit é un proxecto onde a ilustración e o deseño gráfico compleméntanse. O propósito é reconfigurar a estética visual do álbum That’s The Spirit de Bring Me The Horizon. Concíbese como unha reinterpretación visual alternativa do lanzamento oficial da banda. O obxectivo é establecer unha conexión máis directa coas emocións que transmite a súa música (transitoria entre o metal e rock). O proxecto centrouse na creación física da edición limitada do vinilo do álbum. O proceso incluíu o redeseño das portadas dianteira e traseira cun enfoque visual contemporáneo e persoal, e un libreto artístico coas letras das cancións que emprega ilustracións expresionistas abstractas feitas mediante técnicas tradicionais e dixitais de pintura para representar os sentimentos que cada canción evoca na súa autora. Ademáis, o packaging inclúe un fanzine e adhesivos que serven como contido adicional, engadindo unha dimensión máis íntima e experimental ao proxecto no seu conxunto.

Ir á portada de proxectos