No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Outra vez, Pippa!

Alicia Peláez García

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

Outra vez, Pippa! é un conto infantil ilustrado que pon en valor a imaxinación, o xogo compartido e a creación artesanal fronte o illamento e materialismo que sofre a infancia actual. A súa protagonista, Pippa, é un pequeno ratiño de campo cunha imaxinación inmensa, que transforma obxectos atopados en xoguetes únicos. A historia aborda a soidade e o sentimento de non encaixar cando os seus amigos non comparten o seu entusiasmo creativo, pero finalmente celebra a amizade, a cooperación e o descubrimento de que crear xuntos é máis divertido. Realizado con collage e materiais sinxelos, o proxecto aposta por unha estética accesible e táctil, que invita a mirar o entorno con curiosidade e a transformar o ordinario en extraordinario. O conto convida a reivindicar o valor do xogo libre, da natureza como espazo de posibilidade e da creatividade como ferramenta para construír vínculos e superar diferenzas.

Ir á portada de proxectos