No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

Ubariq, cidade de area

Andrea Gómez Tubío

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

“Ubariq, Cidade de Area” foi o álbum que resultou da creación dunha nova cidade ficticia dende os seus cementos, e coa perspectiva dun libro de concept art. O pobo, inspirado na estética propia do oeste asiático na súa Idade de Ouro, álzase sobre unha paisaxe desértica e hostil. Aquí, os lugareños deberon aprender a convivir cos thots, criaturas que dende había anos habitaban o lugar, ocultos en pozos nos que gardaban a única auga accesible nun mundo devastado pola seca. Desta forma, mediante as miñas ilustracións, traballadas de maneira dixital, permitinme ir texendo unha cultura rica, basada no sacrificio e creando unha arquitectura que garantizara a supervivencia neste medio. Todo quedou recopilado nun pequeno libro cosido a man, que inclúe un mapa e os edificios máis emblemáticos da cidade, xunto cos deseños das roupaxes dos ubariqas, e unha explicación das súas celebracións.

Ir á portada de proxectos