
A reedición de luxo de “Pisadas na herba” busca unir xeracións e facer a lectura poética máis apetecible, romantizándoa a través dunha experiencia sensorial e coidada. O guión, tan presente na obra de Encarnación Puime Pérez, convértese no seu símbolo de identidade, reinterpretado como unha pegada que percorre a cuberta, o interior e tódolos artigos promocionais, deixando unha marca elegante e coherente.
O vínculo co tradicional mantense mediante tipografías manuscritas orixinais da autora e o anagrama da Edición Encarnita, creado a partir dunha “e” escrita pola súa man. A edición complétase con cinco ilustracións exclusivas de estilo abocetado e con detalles que romantizan a lectura: o aroma fresco dunha vela, unha pluma e libreta para expresar emocións, pegatinas para personalizar obxectos e unha totebag minimalista para levar a poesía contigo. Un deseño que une emoción, artesanía e modernidade.