
Playground é unha iniciativa baseada en Galicia que busca crear un espazo seguro de libre expresión para os amantes de todos os tipos de música electrónica. Esta lévase a cabo mediante festas privadas en localizacións secretas, onde se garda o móbil no peto e se desfruta do ritmo en compañía. É un refuxio emocional e creativo onde as persoas poden ser elas mesmas sen medo a prexuízos ou etiquetas; onde se celebran a diversidade e a conexión humana.
A súa estética une a cultura rave e o estilo naif e infantil, bebendo dos debuxos animados e os videoxogos das últimas décadas. Pretende evocar á infancia e ás boas lembranzas, a tempos máis sinxelos onde a nosa única preocupación era pasalo ben.
Neste proxecto realizouse una identidade visual e campaña publicitaria para unha serie de eventos, incluíndo contidos impresos e dixitais, como animacións que poden ser visualizadas na conta de Instagram @playground.gal.