No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

Marola

Helena Guillán

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

Marola é un festival de música celebrado na Illa de Cortegada que reivindica a música galega como algo vivo e actual, combinando a riqueza cultural e natural das nosas costas cunha experiencia sostible e respectuosa co entorno. O proxecto propón unha identidade visual que conecta tradición e modernidade, inspirándose na simboloxía mariñeira e mitolóxica da illa para comunicar valores como a autenticidade, o orgullo pola cultura galega e o respecto polo medio ambiente.

A linguaxe gráfica constrúese arredor dun logotipo baseado en formas hexagonais que evocan redes e escamas, acompañado dunha paleta cromática en verdes e azuis que transmite serenidade e vínculo coa natureza. As ilustracións, de estilo artesanal e xeometrizado, reinterpretan a tradición desde unha mirada contemporánea. O sistema visual aplícase a carteis, entradas, pulseiras, merchandising, folleto informativo e contidos dixitais para redes sociais, configurando unha imaxe coherente, emocional e distintiva que reforza a identidade do festival e o seu vínculo co mar e coa música galega.

Ir á portada de proxectos