
Enxebre é un espazo de coworking situado nun antigo matadoiro de pedra en Ribadavia, rehabilitado con respecto pola súa identidade arquitectónica e a contorna natural do río Avia. A intervención céntrase en crear un lugar funcional, flexible e aberto ao intercambio de ideas, sen alterar a envolvente histórica do edificio.
O deseño estrutúrase arredor dun módulo central de madeira, verdadeiro corazón social do espazo, que acolle a recepción, sala de reunións, zona polivalente, aseos, e nun segundo nivel, postos flexibles e área de descanso. Ao seu redor distribúense os postos fixos de traallo, un office e zonas de almacenamento.
A iluminación natural, a flexibilidade dos espazos, (con tabiques móbiles) e unha circulación pensada para fomentar a colaboración, definen un espazo de coworking que mestura tradición e modernidade, adaptado ás novas formas de traballar e vivir a comunidade.