No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Gráfico

MOMO

Noelia Pampín Basso

Ano do proxecto: 

2025

Anuario 2025

O rebranding do pub Momo ten como obxectivo modernizar a súa identidade visual, preservando a personalidade orixinal do local e as conexións simbólicas coa obra Momo de Michael Ende.

O deseño do logotipo baseáse no concepto do tempo. Os caracteres integran sutís referencias ás agullas dun reloxo antigo, logrando unha presenza discreta pero significativa deste concepto. O resultado transmite un aire rueiro, elegante e sofisticado, cun equilibrio visual que reforza a personalidade do novo deseño fronte á identidade anterior.

A tipografía, limpa e versátil, garante lexibilidade e coherencia en todas as aplicacións. A paleta cromática combina o negro como cor principal cun gris amarronado —inspirado nos “homes grises” e na vestimenta de Momo— e un beixe grisáceo que substitúe o branco como ton de contraste. Esta combinación crea unha identidade equilibrada entre elegancia e personalidade.

As ilustracións sinxelas inspíranse en elementos da novela e engaden textura e simbolismo, recordando o po de cinza que alude aos homes grises. A identidade aplícase de forma coherente en múltiples soportes mantendo en todos eles unha coherencia visual sólida e versátil.

En conxunto, o deseño comunica unha marca con alma literaria, coidada e atemporal, que combina simbolismo e funcionalidade nunha estética equilibrada e contemporánea.

Ir á portada de proxectos