No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño Editorial

Xerais Coleccionista

David Tarrío Pérez

Ano do proxecto: 

2024

Proxecto Fin de Grao

Chega por fin unha reedición mellorada de dúas obras aclamadas polo público: “Mil cousas poden pasar” e “Os amigos de Archimboldo Roque”, ambas recompiladas ao completo por vez primeira. Unha edición máis coidada, dirixida especialmente ó publico máis esixente.

‍

As edicións limitadas / Coleccionistas / Especiais están cada vez máis en demanda, pero moi rara vez encontramos este tipo de tratamentos en obras galegas, tanto de narrativa coma cómic, teatro ou poesía.

‍

“Xerais Coleccionista” trátase da creación dunha nova liña editorial dentro da marca Xerais. Dita nova liña buscar reeditar obras xa existentes nun formato totalmente novo, coidando hata o máis mínimo detalle tanto a nivel de deseño coma materiais. A edición consta de libros entelados e serigrafiados, acompañados con material inédito, que fan de dita edición un produto máis exclusivo, un aliciente/atractivo extra de cara ó público obxectivo.

‍

Ir á portada de proxectos