
NOMASK: a viaxe da identidade convertido en arte coleccionable.
NOMASK é un proxecto de deseño que fusiona arte, narrativa e tecnoloxía nunha liña de figuras coleccionables que convidan a reflexionar sobre a identidade e a autoaceptación. O seu protagonista, un espírito sen rostro, viaxa polo mundo adoptando máscaras inspiradas en distintas culturas, cada unha co seu propio significado simbólico e emocional. Máis que un xoguete, NOMASK é unha experiencia interactiva: combina un deseño minimalista e colorido cunha app móbil que permite personalizar as figuras, desbloquear contidos culturais e conectar cunha comunidade global de coleccionistas. O proxecto reinterpreta o concepto das “art toys” contemporáneas, apostando por unha estética vibrante, unha mensaxe profunda e un packaging que reforza a idea da viaxe como metáfora do autodescubrimiento. Concibido por Arianna Fernández Vélez, NOMASK é unha proposta que une deseño, emoción e diversidade cultural para lembrarnos que non necesitamos unha máscara para ser nós mesmos, porque a viaxe máis longa é a viaxe cara ao interior.