
KUBIX é un proxecto de deseño integral dun xogo de mesa que converte o deseño nunha experiencia divertida e accesible. A través de retos creativos sobre cor, forma e composición, convida a pensar, imaxinar e experimentar dende unha perspectiva lúdica, como un deseñador, sen necesidade de selo.
O xogo propón diferentes probas mediante cartas que animan a explorar a creatividade, a cultura visual e a ideación. Máis que competir, trátase de pensar, crear e experimentar, poñendo en valor a parte máis libre e expresiva do deseño. KUBIX amosa que deseñar non é algo exclusivo nin técnico, senón unha actividade aberta, divertida e chea de posibilidades.
A súa estética xeométrica e o seu sistema visual reflicten os valores do propio xogo: orde, creatividade e exploración. Cada detalle —dende as cartas ata o taboleiro— está coidadosamente deseñado para que xogar sexa tamén unha forma de aprender, descubrir e gozar do proceso de crear.
KUBIX preséntase como unha ferramenta para achegar o deseño ás persoas, unha invitación a experimentar, a crear e a entender que deseñar tamén é xogar, probar e arriscar sen medo.